miércoles, 16 de diciembre de 2015

Diario de Sesións 8

Na sesión de hoxe estivemos vendo as notas do proxecto entregadas polo profesor e buscando  tanto no reportaxe escrito como na páxina web da nosa empresa material para poder facer a última parte do proxecto, un vídeoreportaxe no que rexumiremos todo o traballoo realizado nos últimos 3 meses para a súa elaboración aínda estamos decídindo as voces qeu se pondrán ou a música os datos e imaxes máis importantes e intentar correxir eses erros do reportaxe anterior neste para sacar boa calificación, aínda así estamos contentos coa nota posta. O traballo de hoxe foi mellor que noutras sesións traballamndo todos cooperativamente nas tarefas asinadas ao principio da clase.

sábado, 5 de diciembre de 2015

Investigación da empresa actualizada

Cos datos da visita que realizamos a empresa correspondente completamos as cuestións propostas do proxecto débido a que xa tiñamos os datos que nos faltaban. Esta é a nosa investigación mellorada:

1) Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
AltEnergy é unha empresa S.L o que significa que é unha sociedade limitada, o tipo de empresas máis extendido en España nestes momentos sendo moi utilizada por pequenos empresarios autónomos. Agora mesmo non podemos saber con exactitud o número de traballadores nin a procedencia de capital, así que o preguntaremos na empresa. Podemos deducir que se trata dunha empresa pequena.

2) Sector económico e subsector ao que pertence a empresa. 
     Pertence ao sector terciario xa que propón servizos ás persoas ou ás outras empresas sobre instalaciones eficientes, enerxías renovables e eficiencia enerxética, loxística interna e construción de naves e consultoría. O subsector ao que se dedica e a enxeñaría. 

       3) Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España. 
       En España houbo unha clara evolución da importancia económica e laboral deste sector, así, pasouse dun 30% da poboación activa no sector a mediados do século XX a case un 70% que alcanza na actualidade. É o máis importante dos tres sectores na actualidade. No mundo nas últimas décadas, este sector diversificouse e creceu de forma espectacular. Nos países máis desenvolvidos o sector terciario conforma en torno ao 70% do produto interior bruto. En países de desenvolvemento medio como por exemplo Brasil ou Tailandia ronda o 50% o 40% e nos países menos desenvolvidos alcanza porcentaxes no PIB moi inferiores. 

4) Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve. 
Esta empresa ten 3 actividades económicas principais: A primeira englobaría todo o relacionado coas enerxías renovables e eficiencia enerxética, a segunda loxística interna e a tercera consultoría e asesoramento de xestión enerxética. Estas tarefas as realiza no local da empresa (Av de Madrid, 62, Vigo, Pontevedra) ou nos lugares onde realice instalacións.

5) Localización e factores de localización.
Sitúase na Avda. de Madrid porque é un dos lugares máis transitados de Vigo. Ademais está ao lado dunha gasolineira, o que favorece que as persoas que paren vexan a tenda de decidan optar por un cambio e pasarse ás enerxías renovables.

6) Factores produtivos que precisa para o proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
Precisa de alguén que lles surta de paneles solares, instalacións eficientes... Tamén de traballadores que estén na tenda para vender e outros que se especialicen na instalación ou consultoría. En canto ao capital necesitan ferramentas para facer as instalacións, cartos para comprar os produtos que necesiten.... Completaremos esta información cando a visitemos.

7) Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
Dirixe os seus produtos cara o mercado rexional ou nacional, xa que é unha empresa pequena que só ten unha tenda e esta sitúase en Vigo.

8) Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as ventas (publicidade).
Para incrementar as ventas a empresa se da a coñecer cunha páxina na rede e envía correos electrónicos. Tamén inflúe que estea nun lugar tan transitado. Non realiza deslocalización nin externalización de custes.

9) Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación…
A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información.

      10) Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
      A empresa está co estatuto de traballadores e non está adherida a ningún convenio especial. 

      11) Relacións da empresa con Organizacións empresariais.
      A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información.

      12) Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.
      A situación actual da empresa non é moi boa, emperou coa caída da construción e agora teñen menos traballadores e os encargados das obras son subcontratados (antes contaban con eles en plantilla). Ademais teñen moita competencia no tema das enerxías renovables, que comezan a gañar importancia.

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Diario de Sesións 7

Hoxe fixen a introducción da empresa con algúns datos que recollimos da páxina web queda pendente pasar as respostas de grabación a escrito para rematar a reportaxe, sen embargo subín a entrada das preguntas que fixemos.

Preguntas da entrevista a empresa AltEnergy

O xoves, 25 de novembro realizamos a entrevista á empresa AltEnergy S.L. Ao chegar atendéronnos ao momento e sentáronnos nunha sala onde lles fixemos as preguntas que levábamos preparadas da casa. Velaquí as cuestións realizadas:

1) Que actividades realiza a empresa? Instalacións e mantenemento de proxectos relacionados coas enerxías renovables e a eficiencia enerxética e consultoría, asesoramento e xestión enerxética onde ofrece servizos de consultoría enerxética, certificación e auditorías sobre o tema.
2) En que ano foi fundada? A sociedade foi fundada no ano 2005 por varios membros, ao ser unha sociedade limitada.
3) En que situación económica se atopa actualmente? actualmente a situación empeorou bastante coa caída do sector da construcción e só están activos 6 traballadores.
4) Con cantos traballadores conta? actualmente con 6 activos.
5) Con que tipo de enerxías renovables traballan? solar-térmica, minihidráulica, xeotérmica, aerotérmica e , en menor medida solar-fotovolcaica.
6) Hai moita competencia no sector no que traballades? Sí, xa que atópase nun subsector crecente.
7) Que tipo de clientes tedes? Cales son os seus criterios de compra? os clientes poden ser tanto empresas (que son a maioría dos casos como particulares .
8) Traballades tamén con particulares? Sí, préstanlles os seus servizos para que cumpram coa normativa.
9) Hai competencia no sector onde vos desenvolvedes? resposta na pregunta 6 
10) Que convenios colectivos regulan as condicións dos traballadores do sector? os traballadores non están adheridos a ningún convenio, é lles de aplicación o Estatuto dos traballadores.
11) En que ámbito se move a empresa (rexional, nacional, internacional...) Rexional 
12) Tedes algún premio ou certificado de sustentabilidade?non ten ningún premio ou certificado relacionado co seu traballo laboral.
13) Cales son os principais produtos que vendedes?enerxías para proporcionar calor, non electricidade e na eficiencia enerxética destaca a instalación de iluminación eficiente.
14) Podedes explicarnos máis polo miúdo como funciona o servizo de consultoría?
15) Cales son os factores produtivos necesarios para ofrecer os vosos servizos e produtos?
16) Tedes algunha relación coa empresa Altenergy Inc.? Non
17) Cal foi o voso último proxecto?
18) Existe algún motivo polo que a empresa está situada na Avda. de Madrid?
19) Tedes algunha publicidade do negocio á parte da páxina web?