Mostrando entradas con la etiqueta Tarefas Ud 2. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tarefas Ud 2. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de noviembre de 2016

Diario de sesión 1

Hoxe distribuímos as tarefas e acordamos que actividades realizará cada un para o bo funcionamento do traballo. Houbo moitas distraccións que se solventaron ao final da clase pero non nos deu tempo a acabar o plan de equipo que falaremos del esta semana para que na próxima hora de traballo este rematado. A demais ollamos o noso tema da tarefa.

Plan de equipo

As datas que imos a traballar:

1799 - Golpe de estado de Napoleón.

1802- Consul Vitalicio
1804- Emperador - Código Civil
1805/1806 - Batallas: Austerlitz, Xena e Trafalgar (Victoria)
1808 - Conquista España
1812 - Conquista Rusia
1814 - Fracasa, perde España e Rusia
1815- Waterloo, Santa alianza ( Retorno al absolutismo)

Caderno de equipo

Os cargos do noso equipo son:
  • Coordinador, as súas funcións son: Andrea
  • Distribue entre os integrantes do grupo o traballo que se realizará na sesión.
  • Ao final da clase responsabiliza se de que todos os integrantes finalizasen a súa parte da tarefa na sesión correspondente e se non é así, tomará as medidas correspondentes.
  • Se no traballo o grupo atopa algunha dificultade ou problema , encargarase de axudar e no momento necesario falar coa profesora para solucionar o imprevisto.

  • Secretario: Verónica
  • Requiere unha boa ortografía xa que revisará os textos dos compañeiros.
  • Gardará o material anexo como folios de información, fichas…
  • En caso de que a tarefa sexa conxunta encargarase da redacción do texto grupal.

  • Moderador: Oleg
  • Axuda na conversa nos posibles conflictos que poden xurdir no grupo escoitando as dúas partes implicadas e resolvendoo coa maior eficacia posible.
  • É o encargado de crear un bo ambiente que favorezca o traballo en grupo

  • Axudante: Javier
  • Encargase de axudar a todos os membros do equipo que o precisen na realización das súas tarefas.
  • Se algún dos outros membros do equipo non acude a sesión este encargarase de facer o seu cargo no grupo e máis tarde informará a persoa ausente.

Normas de equipo:

  • Escoitanse todas as opinións por igual en orde e chegase a un acordo final  en consenso con todos os integrantes do grupo
  • Realizanse a tempo os traballos de cada un para un bo funcionamento do grupo.
  • Somos responsables co noso traballo e materiais tanto en grupo como individual.
  • Solucionamos os conflictos de maneira dialogada e con respecto.