miércoles, 25 de noviembre de 2015

Diario de sesións 6

Hoxe nos dimos conta de que non tiñamos todo o material que necesitamos para realizar a vídeo reportaxe, a entrevista esta ben xa que moitas máis preguntas non podíamos facer, sen embargo as imaxes que temos son excasas e precisamos de datos para realizar gráficas é completar o traballo. A solución que encontramos foi chamarlles e preguntar se por un correo electrónico nos poden mandar a información que precisamos, o traballo en grupo foi moi bo.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Diario de sesións 5

Hoxe estivemos a facer máis información sobre a empresa elixida AltEnergy  xa que nós pareció a máis interesante, como nos nos respondían ao correo electrónico realizamos un modelo de presentación para dicir cando chamemos na hora de galego dende o colexio, o traballo cooperativo foi bo. Na hora de galego chamamos e quedamos en ir a visitar a empresa o xoves 19 de Novembro, lles faremos a entrevista alí e colleremos todos os datos que precisamos.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Investigación da Empresa


      1) AltEnergy é unha empresa S.L o que significa que é unha sociedade limitada o tipo de empresas máis extendido en España nestes momentos sendo moi utilizada por pequeños empresarios autónomos. Agorá mesmo non podo saber con exactitud o numero de traballadores nin a procedencia de capital, así que o preguntaremos na empresa. 
   2) Pertence ao sector terciario xa que propón servizos ás persoas ou ás outras empresas sobre instalaciones eficientes, energías renovables y eficiencia enerxética, logística interna e construcción de naves e consultoría asesoramiento e xestión enerxética. O subsector ao que se dedica e a enxenería. 
     3) En España  houbo unha clara evolución da importancia económica e laboral deste sector, así, pasamos dun 30% a mediados do século XX a case un 70% que alcanza na actualidade. Dá traballo a un 68% da poboación activa; é o máis importante dos tres sectores na actualidade. No mundo nas últimas décadas, este sector diversificouse e creceu de forma espectacular. Nos países máis desenvolvidos o sector terciarioconforma entorno ao 70% do producto inferior bruto. En países de desenvolvemento medio como por exemplo Brasil ou Tailandia ronda o 50% o 40% en Irán ou Indonesia e nos países menos desenvolvidos alcanza porcentaxes no PIB moi inferiores. 
    4) Esta empresa ten 3 actividades económicas principais: A primeira sería Enerxías renovables e eficiencia, a segunda loxística interna e a tercera consultoría e asesoramento e xestión enerxética. Estas tarefas as realiza directamente na nave da empresa situado en Av de Madrid, 62, 36204 Vigo, Pontevedra
      5) Localización e factores de localización.
     Sitúase na Avda. de Madrid porque é un dos lugares máis transitados de Vigo. Ademais está ao lado dunha gasolineira, o que favorece que as persoas que paren vexan a tenda de decidan optar por un cambio e pasarse ás enerxías renovables.
      6) Factores produtivos que precisa para o proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
     Precisa de alguén que lles surta de paneles solares, instalacións eficientes... Tamén de traballadores que estén na tenda para vender e outros que se especialicen na instalación ou consultoría. En canto ao capital necesitan ferramentas para facer as instalacións, cartos para comprar os produtos que necesiten....
      7) Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
     Dirixe os seus produtos cara o mercado rexional ou nacional, xa que é unha empresa pequena que só ten unha tenda e esta sitúase en Vigo.
     8) Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as ventas (publicidade).
     Para incrementar as ventas a empresa se da a coñecer cunha páxina na rede. Tamén inflúe que estea nun lugar tan transitado.

    9),10),11),12)As ultimas catro preguntas non podemos completalas porque necesitamos información que non podemos atopar en internet o na súa paxina web. Por iso a completaremos cando estamos facendo a entrevistab sobre a empresa

Diario de sesións 4

Hoxe nos dividimos o traballo de investigación, en canto a miña parte (Preguntas dende a uno a catro) foi bastante entretenida buscar eses aspectos aínda que algúns temos que preguntarselos a empresa directamente xa que non hai manera de encontra los. Nesta sesión da clase de xaografía e historia fixen ata o punto 3 e reservo me o tempo de galego para rematar a tarefa. notei un ámbiente de traballo bo así que voume contenta desta hora xa que na miña opinión foi aproveitada. Na clase de galego terminei o punto que me faltaba, sen embargo os integrantes do meu grupo estiverón dispersos e estou a espera da parte de cada un do traballo da sesión de hoxe.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Modelo de solicitude



Vigo, 4 de Novembro de 2015
                                                                                            

Estimados señores e señoras de AltEnergy S.L.:

Somos un grupo de alumnos de 3ºESO do centro Salesianos María Auxilidora de Vigo que estamos a facer un proxecto sobre empresas sustentables en Vigo e arredores. Para realizalo tivemos que escoller algunhas que nos pareceron interesantes para afondar sobre o traballo que levan a cabo.
Vostedes estiveron no grupo das escollidas porque utilizan enerxías eficientes e renovables e ademais fomentan o seu uso e fan instalacións deste tipo de enerxías.
Por iso, queremos propoñerlles unha visita á súa empresa para realizarlles unhas preguntas e investigar máis a fondo sobre vostedes para completar o noso proxecto.

                                                             Atentamente, (nomes dos integrantes)
                                                                                                                                                
       Se aceptan, por favor contacten con nós neste e-mail (e-mail) ou no teléfono (teléfono)
                                   

Diario de sesións 3

Asignatura: Xeografía e Historia. 
Nesta hora mandaron me os datos necesarios para ter o proxecto completo xa qeu debido a un problema coa dirección de correo non me chegaban. Están elixidas xa as empresas, gustou me a elección, xa que eran as que me esperaba polas súas interesantes características. Aprendín a facer unha carta de petición dunha visita, aínda quede que nos a revisen. Sen embargo, sigo descontenta co traballo en grupo do meu equipo xa que noto que terminamos as tarefas dúas personas unha anda a distraerse constantemente e outra que non participa en toda a sesión, e costa facilitar un bo ambiente de traballo así.
Asignatura: Galego.
Nesta segunda sesión estivemos más centrados, Olga revisounos os modelos de solicitude para as empresas, rectificamos as distintas faltas de ortografía e as enviamos, aínda estamos a esperar as respostas. Sí que notei un mellor traballo de grupo, aínda que nos sobrou un chisco de tempo.

martes, 3 de noviembre de 2015

Empresas Vigo/ Empresas seleccionadas

 
Anotacións: Esta entrada subiuse con retraso xa que por error a dirección de correo a que a mandaron era incorrecta, por ese xeito non recibiuna a tempo, grazas.

Ideas para o proxecto

·         Entrevista. Porque así recadamos toda a información necesaria e temos o punto a favor de que podemos seleccionar nós as preguntas dacordo co que máis nos interese. Mais tamén engadiremos algunha explicación da empresa e datos de importancia para que sexa máis preciso e completo.
    
·         Primeiro informarnos das preguntas que sería recomendable facer coa axuda do libro de texto cos temas didácticos correspondentes e Internet, deseguido pensar e redactar nun borrador posibles cuestións e máis adiante seleccionar as mellores de cada integrante do grupo propoñendo algunha máis en conxunto. O segundo paso sería poñernos en contacto coa empresa elixida e concretar unha data de visita. Unha vez alí poriamos en marcha a nosa entrevista. Xa por último, reuniríamonos no grupo e redactaríamos ben as cuestións presentadas engadindo explicacións e datos da empresa importantes para o noso traballo.

·         Podemos preguntarlle se realmente saben de onde veñen os seus produtos, que nos ensinen os seus produtos ecolóxicos, se usan enerxías renovables…  Tamén lle podemos pedir opinión sobre o sistema capitalista actual; se non lle dá rabia que as demais empresas menos comprometidas co medio ambiente, coa reciclaxe ou que fan deslocalización reciban máis beneficios.

·         Temos que tentar sacar moita información pero sendo educados. Debemos agradecerlle a súa colaboración tanto con nós por aceptarnos a entrevista, como co resto do mundo pola súa innovación e sustentabilidade.