martes, 3 de noviembre de 2015

Ideas para o proxecto

·         Entrevista. Porque así recadamos toda a información necesaria e temos o punto a favor de que podemos seleccionar nós as preguntas dacordo co que máis nos interese. Mais tamén engadiremos algunha explicación da empresa e datos de importancia para que sexa máis preciso e completo.
    
·         Primeiro informarnos das preguntas que sería recomendable facer coa axuda do libro de texto cos temas didácticos correspondentes e Internet, deseguido pensar e redactar nun borrador posibles cuestións e máis adiante seleccionar as mellores de cada integrante do grupo propoñendo algunha máis en conxunto. O segundo paso sería poñernos en contacto coa empresa elixida e concretar unha data de visita. Unha vez alí poriamos en marcha a nosa entrevista. Xa por último, reuniríamonos no grupo e redactaríamos ben as cuestións presentadas engadindo explicacións e datos da empresa importantes para o noso traballo.

·         Podemos preguntarlle se realmente saben de onde veñen os seus produtos, que nos ensinen os seus produtos ecolóxicos, se usan enerxías renovables…  Tamén lle podemos pedir opinión sobre o sistema capitalista actual; se non lle dá rabia que as demais empresas menos comprometidas co medio ambiente, coa reciclaxe ou que fan deslocalización reciban máis beneficios.

·         Temos que tentar sacar moita información pero sendo educados. Debemos agradecerlle a súa colaboración tanto con nós por aceptarnos a entrevista, como co resto do mundo pola súa innovación e sustentabilidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario